PROCEDEMENTO:
1. Pida
cita previa chamando ao 988 31 00 50. O Director manterá
coa familia unha entrevista persoal co obxectivo de informalos
sobre o proxecto educativo e outros aspectos relativos á
organización e funcionamento do Colexio.
2.
A DOCUMENTACIÓN relativa á solicitude
estará a súa disposición na Secretaría
do Colexio.
3. O formulario en
versión dixital está dispoñible na sede electrónica
da Xunta. Unha vez cuberto, poderá presentarse de forma
presencial no centro, ou ben directamente a través da aplicación
da Xunta "admisiónalumnado"
(solicitudes>admisión) xunto coa fotocopia do libro
de familia.
(Seguir as instruccións
para cubrir as pestañas unha por unha, debendo gardar cambios
antes de pasar á seguinte, e ao final confirmar, xerar
informe, imprimir o pdf e entregalo na secretaría, xunto
coa fotocopia do libro de familia).
4. Se
prefire un método máis sinxelo, pode descargar o
pdf da solicitude, cubrindo ben a man ou directamente desde
o ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría, xunto
coa fotocopia do libro de familia.
Tamén pode descargar o devandito pdf
da solicitude en castellano, premando neste mesmo enlace.
|